đź’–Nemo Rangers & Fillos de Breoganđź’™

Camisolas do Nemo Rangers, Fillos de Breogan, Cork (County) e Seleccion Galega

No verán do 2021 visitounos unha persoa moi especial. John O’ Keeffe Ă© un rapaz de Cork que veu á Coruña hai dez anos, cando o equipo de Fillos levaba pouco tempo formado, e ensinounos como se xoga a este deporte tan apaixonante.

Dez anos despois volveu coñecer os actuais xogadores, e o club que tanto medrou logo da súa primeira chegada á capital herculina. Tróuxonos uns agasallos: uns sticks e bólas de Hurling por se algun día montamos un equipo desta modalidade. Pese a ter máis afección polo Hurling que polo Football, moitas das regras son moi similares.

Moitas grazas, John. Sabes que na Coruña sempre serás ben recibido.