Sobre nós:
A Coruña Fillos de Breogán é o equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Fundado en 2010, é o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galicia e compite nas competicións galegas, así como no Campionato Ibérico de fútbol gaélico e o Torneo Paneuropeo. Fillos de Breogán xoga os seus encontros na Cidade deportiva Arsenio Iglesias da Coruña.
Equipos e palmarés
- Fillas de Breogán:
- Campionato de liga (temporadas 15/16, 16/17, 17/18).
- Copa galega (temporadas 15/16, 16/17, 18/19).
- All Galicia (temporada 22/23).
- Torneo Ibérico (15/16, 16/17, 17/18).
- Campionato Paneuropeo Intermediate (2019, 2024).
- Fillos de Breogán:
- Campionato de liga (temporadas 19/20, 20/21, 21/22, 22/23, 23/24).
- Copa galega (temporada 23/24).
- All Galicia (temporadas 20/21, 23/24).
- Veteranos Fillos de Breogán:
- Liga máster (temporada 23/24).
Contacta connosco:
Queres probar o fútbol gaélico? Queres colaborar connosco dalgún outro xeito? Contacta connosco a través deste formulario ou das nosas redes sociais!