Canteira · Fillos de Breogán
Xogar.
Aprender.
Medrar.
Fútbol gaélico para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Non importa o nivel previo: todas e todos aprenden e divírtense.
01 A nosa base
Un deporte para medrar
Cada pase
conta.
Na nosa canteira apréndese xogando, compartindo e formando parte dun equipo dende o primeiro día.
O fútbol gaélico é un deporte moi completo: xógase coas mans e cos pés e implica todo o corpo dun xeito equilibrado.
Axuda a desenvolver a coordinación, o equilibrio, a forza e a axilidade mental. E, sobre todo, ensina que cada pase e cada compañeiro ou compañeira contan.


Todo o corpo · toda a atención
Un xogo.
Moitas habilidades.
- 01Coordinación
- 02Equilibrio
- 03Forza
- 04Axilidade mental
02 Vén coñecernos
Deporte de equipo
Cada pase
conta!
Adestramos os luns de 17.00 a 18.00 nos campos da Torre, na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias.
Quero máis información →